Entrada destacada

OS RAPOCIENS VIAXAN POLO MUNDO INVESTIGANDO

Os nenos e nenas de 5ºA , dende o principio de curso fixemos un proxecto chamado "A volta ao mundo investigando e experimentando &q...

jueves, 5 de marzo de 2020

NEVE ARTIFICIAL

Ola a todos e a todas! Hoxe fixemos neve artificial. Dividimos a clase en dous grupos para facelo e utilizamos un pañal, bicarbonato de sodio e auga. O pañal o usamos para por enriba a auga misturada co bicarbonato ata facer unha masa .A sensación que daba cando a tocabas era refrescante e moi semellante a neve real. Todos tivemos a oportunidade de tocala e disfrutar da experiencia. Escrito por Rebeca.

jueves, 27 de febrero de 2020

OBSERVAMOS...

Ola a tod@s. Hoxe viñeron unhas cientificas e explicaronnos cousas moi interesantes sobre os riles. Trouxeronnos tres riles; un de vaca, outro de terneiro e un de porco. Separámonos en dous grupos e diseccionamos os riles con un bisturí e con moito coidado. Íamos observando como eran por dentro e comparando as partes cun debuxo dos riles. Ese dia aprendimos as diferencias entre eses riles e que o do porco é o máis semellante ao noso. Foi unha experiencia moi divertida! Escrito por Yaiza

lunes, 17 de febrero de 2020

Aparato circulatorio

Ola a todos! Os nenos e nenas de 6ºA fixemos varias actividades para traballar o aparato circulatorio: preguntas e respostas co escornabot e un pasapalabra que foi emitido na radio. Traballamos e xogamos por grupos,pensando as respostas entre todos para que fose máis completa .Así aprendemos dun xeito máis divertido.
Escrito por Aitana

O LATEXO DO CORAZÓN

Ola a tod@s! Hoxe vouvos contar un experimento que fixemos na clase. Trátase de ver como é o bombeo do corazón. Necesitamos: un tarro de cristal baleiro, un globo pequeno e un globo máis grande, unhas palliñas, celo, colorante vermello e unhas tesoiras. Primeiro ao globo mediano facémoslle uns pequenos buratos. A continuación, recheamos o tarro con auga e lle pomos colorante vermello. Despois pegamos con axuda do celo o globo ao tarro. Finalmente, polos dous buratos metemos as dúas palliñas e a unha delas pomoslle o globo pequeno coa axuda do celo e presionamos o centro do globo. E así poderíamos saber como bombea a sangue o corazón. A continuación podemos ollar o resultado.
Escrito por Marcos 6º

lunes, 27 de enero de 2020

As científicas ao longo do tempo

Este ano imos a traballar as científicas ao longo do tempo . Entre toda a clase fixemos carteis en cartulina que puxemos no pasillo e elaboramos unha liña do tempo para situar a científicas e comenzar así o noso traballo. A continuación podedes ver algunhas fotos dese momento.
Escrito por Saúl 6º

jueves, 12 de diciembre de 2019

INVESTIGAMOS

Ola a tod@s! Hoxe estivemos investigando a tres mulleres importantes da nosa historia: Esther Lederberg, Rosalind Franklin e Rita Levi Montaclini. Repartimonos en grupos, usamos os ordenadores e buscamos a información máis relevante. Despois espuxemos os nosos traballos aos demais compañeiros.Puxemos unhas fotos co momento da nosa investigación.

OS ALUMNOS DE 6ºA FACEMOS UN PASAPALABRA NA RADIO

Ola a tod@s! Este curso os alumnos de 6ºA xa fixemos un pasapalabra na radio que podedes escoitar na Radio do Ben-Cho-Shey. Espero que vos guste tanto como nos gustou a nós facelo.