Entrada destacada

OS RAPOCIENS VIAXAN POLO MUNDO INVESTIGANDO

Os nenos e nenas de 5ºA , dende o principio de curso fixemos un proxecto chamado "A volta ao mundo investigando e experimentando &q...

jueves, 12 de diciembre de 2019

INVESTIGAMOS

Ola a tod@s! Hoxe estivemos investigando a tres mulleres importantes da nosa historia: Esther Lederberg, Rosalind Franklin e Rita Levi Montaclini. Repartimonos en grupos, usamos os ordenadores e buscamos a información máis relevante. Despois espuxemos os nosos traballos aos demais compañeiros.Puxemos unhas fotos co momento da nosa investigación.

OS ALUMNOS DE 6ºA FACEMOS UN PASAPALABRA NA RADIO

Ola a tod@s! Este curso os alumnos de 6ºA xa fixemos un pasapalabra na radio que podedes escoitar na Radio do Ben-Cho-Shey. Espero que vos guste tanto como nos gustou a nós facelo.

martes, 11 de junio de 2019

O OÍDO

Traballamos o tema do oído e empezamos investigando sobre Bartolomeo Eustachio.
Explicámoslle aos compañeiros o que aprendemos sobre o oído e fixemos dous experimentos  moi interesantes .
Esperamos que vos guste.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                  

martes, 30 de abril de 2019

OS RAPOCIENS VIAXAN POLO MUNDO INVESTIGANDO



Os nenos e nenas de 5ºA , dende o principio de curso fixemos un proxecto chamado "A volta ao mundo investigando e experimentando ".

A través dun mapa mundi que fixemos e colocamos nunha parede da clase , fomos tratando os temas que dábamos en Ciencias Sociais e Ciencias Naturais e os relacionamos cos diferentes cientific@s que iamos investigando.

Expuxemos os diferentes traballos , e coa información recollida, fixemos un código QR e o puxemos no mapa mundi no lugar de nacemento do científico relacionado.

Engadimos :Climas , os fusos horarios , os meridianos , os paralelos e toda a información relevante que íamos traballando .

Neste blog iremos contando todo o que imos facendo.

domingo, 14 de abril de 2019

AS MULLERES NA CIENCIA

AS MULLERES NA CIENCIA

Os alumnos de 5ºA investigamos sobre as científicas máis relevantes da historia.
Repartimos o traballo entre os alumnos da nosa clase e unha vez finalizado o traballo expuxémolo diante dos compañeiros.
Fixemos un código QR para cada traballo , código que colocamos no mapa mundi da nosa clase e pegamos tódolos traballos nun mural  que quedou exposto no pasillo para que todos o puideran ver. 
A continuación podedes ver o traballo realizado.   

AS PLANTAS

AS PLANTAS

Empezamos o tema facendo un horto  na nosa clase, con chícharos, ravos, allos, tomates, fabas e fresas. Coidámolo e imos vendo como evoluciona.
Fixemos varios experimentos para saber o almidón que tiñan algúns produtos e tinguimos caraveis.
Investigamos sobre dous científicos moi importantes: Teofrasto e Carlos Linneo.
Co que aprendemos elaboramos unha presentación que expusemos na clase. Tamén viñeron unhas compañeiras de cuarto a presentarnos un traballo sobre as follas.
Finalmente xogamos aprendendo cos escornabots. A continuación podedes ver algunhas das cousas que realizamos.

CARLOS LINNEO


OS CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS NO ENTROIDO

OS CIENTÍFICOS/AS NO ENTROIDO


Aproveitando a información que tiñamos dos científicos, no ENTROIDO disfrazámonos deles.
Elaboramos os inventos de cada un, así por exemplo, para Alessandro Volta fixemos unha pila eléctrica; para Aristóteles elaboramos unha pizarra coa clasificación dos seres vivos; para  Fleming unha xiringa que simulaba ser penicilina; Newton levaría unha mazá, símbolo da gravidade; Tiera Guinn ía cun cohete pola súa relación cos lanzamentos espaciais...
Na presentación podedes observar como iamos caracterizados e o mural que realizamos do "laboratorio dos raposos".


STEPHEN HAWKING 



O UNIVERSO

O UNIVERSO

Investigamos varias científicas relacionadas co universo e o Sistema Solar, do que confeccionamos unha maqueta.
 A continuación podedes ver nun PowerPoint parte do noso traballo.

SERES VIVOS. FUNCIÓN DE REPRODUCCIÓN.

APARATO REPRODUCTOR


SERES VIVOS: FUNCIÓN DE RELACIÓN.

APARATO LOCOMOTOR


OS SENTIDOS: 

O GUSTO

O TACTO

A VISTA

O noso travallo da vista

O SISTEMA NERVIOSO