Os nenos e nenas de 5ºA , dende o principio de curso fixemos un proxecto chamado "A volta ao mundo investigando e experimentando ".
A través dun mapa mundi que fixemos e colocamos nunha parede da clase , fomos tratando os temas que dábamos en Ciencias Sociais e Ciencias Naturais e os relacionamos cos diferentes cientific@s que iamos investigando.
Expuxemos os diferentes traballos , e coa información recollida, fixemos un código QR e o puxemos no mapa mundi no lugar de nacemento do científico relacionado.
Engadimos :Climas , os fusos horarios , os meridianos , os paralelos e toda a información relevante que íamos traballando .
Neste blog iremos contando todo o que imos facendo.