Entrada destacada
OS RAPOCIENS VIAXAN POLO MUNDO INVESTIGANDO
Os nenos e nenas de 5ºA , dende o principio de curso fixemos un proxecto chamado "A volta ao mundo investigando e experimentando &q...
jueves, 27 de febrero de 2020
OBSERVAMOS...
Ola a tod@s. Hoxe viñeron unhas cientificas e explicaronnos cousas moi interesantes sobre os riles.
Trouxeronnos tres riles; un de vaca, outro de terneiro e un de porco. Separámonos en dous grupos e diseccionamos os riles con un bisturí e con moito coidado. Íamos observando como eran por dentro e comparando as partes cun debuxo dos riles.
Ese dia aprendimos as diferencias entre eses riles e que o do porco é o máis semellante ao noso.
Foi unha experiencia moi divertida!
Escrito por Yaiza
lunes, 17 de febrero de 2020
Aparato circulatorio
Ola a todos!
Os nenos e nenas de 6ºA fixemos varias actividades para traballar o aparato circulatorio: preguntas e respostas co escornabot e un pasapalabra que foi emitido na radio. Traballamos e xogamos por grupos,pensando as respostas entre todos para que fose máis completa .Así aprendemos dun xeito máis divertido.
Escrito por Aitana
O LATEXO DO CORAZÓN
Ola a tod@s!
Hoxe vouvos contar un experimento que fixemos na clase. Trátase de ver como é o bombeo do corazón.
Necesitamos: un tarro de cristal baleiro, un globo pequeno e un globo máis grande, unhas palliñas, celo, colorante vermello e unhas tesoiras.
Primeiro ao globo mediano facémoslle uns pequenos buratos. A continuación, recheamos o tarro con auga e lle pomos colorante vermello. Despois pegamos con axuda do celo o globo ao tarro. Finalmente, polos dous buratos metemos as dúas palliñas e a unha delas pomoslle o globo pequeno coa axuda do celo e presionamos o centro do globo.
E así poderíamos saber como bombea a sangue o corazón.
A continuación podemos ollar o resultado.
Escrito por Marcos 6º
Suscribirse a:
Entradas (Atom)